InicioM.ambiente e PatrimonioA Rapadoira recupera a bandeira azul, que lucirán 14 praias da Mariña

A Rapadoira recupera a bandeira azul, que lucirán 14 praias da Mariña

Areoura (Foz) e O Portelo (Burela) acadan tamén o símbolo de calidade medioambiental, que perden o areal focego da Pampillosa e Abrela (O Vicedo)

Publicada o

- Advertisement -

A praia focega de A Rapadoira recupera a bandeira azul, que lucirá neste 2018 xunto con outras 13 praias da bisbarra da Mariña, segundo informou esta mañá a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac), organismo que concede os distintivos de calidade ambiental. O Portelo, en Burela, e Areoura, en Foz, tamén acadan o galardón, que perden A Pampillosa, deste último municipio, e Abrela, de O Vicedo.

Os requisitos esixidos por Adeac para obter a insignia están relacionados coa calidade das augas, a seguridade, a completa dotación de servizos, a accesibilidade, a adecuada xestión ambiental e a sustentabilidade.

A Rapadoira, que luciu a bandeira azul durante tres décadas, perdeu o distintivo o ano pasado, o que xerou polémica. Daquela, Adeac aludiu a que o areal non cumpría coa normativa europea de augas residuais ao ter unha depuradora a unha distancia menor da permitida. Os criterios de avaliación non satisfacen a todos; logo dun desacordo respecto dos estándares de socorrismo, o goberno local de Barreiros renunciou por segundo ano consecutivo a solicitar o galardón, que non ondeará nas súas praias.

BARREIROS RENUNCIOU A SOLICITAR OS DISTINTIVOS por segundo ano consecutivo

A provincia de Lugo gaña un distintivo con respecto dos 13 que recibiu en 2017, aínda que segue lonxe dos 22 acadados no 2016, cando Barreiros conseguiu seis bandeiras azuis. Os areais recoñecidos por Adeac son os seguintes: Xilloi (O Vicedo); Area (Viveiro); Esteiro (Xove); O Torno (Cervo); A Marosa, Ril e O Portelo (Burela); Areoura, Peizás, Llas, As Polas e A Rapadoira (Foz); e Os Castros-Illas e As Catedrais (Ribadeo).

Adeac concedeu este ano 109 bandeiras azuis para praias galegas, catro menos das que tivo a comunidade o ano pasado.

No tocante aos portos deportivos da provincia de Lugo, Marina Viveiro e o Real Club Náutico de Ribadeo recibiron o distintivo de Adeac.

O TORNO, DISTINGUIDA EN INFORMACIÓN E EDUCACIÓN

Ademais, Cervo é o único concello galego que obtivo a distinción temática en información e educación ambiental, pola praia de O Torno, que renova a insignia de sendeiro azul. Un galardón que manteñen tamén a Ruta do Litoral Burelés e a Ruta do Faro de Illa Pancha a As Aceas, de Ribadeo, e que acada O Paseo Ruta das Praias, de Foz.

A carpintería de ribeira do artesán sancibrense Francisco Fra, Asteleiros Fra, acadou o título de centro azul, que tamén teñen o Barco-Museo Reina del Carmen e o Centro de Educación Medioambiental Gaia, ambos de Burela.

OCCIDENTE DE ASTURIAS

Arnao, en Castropol -que obtén a bandeira azul-, Penarronda, entre este mesmo municipio e Tapia de Casariego, Frejulfe, en Navia, e Otur e Cadavedo, en Valdés, son as praias distinguidas do occidente asturiano neste 2018. Tapia de Casariego perde a distinción para Anguileiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...